Ofensiva política do BNG contra as peaxes nas autovías

1 minutes read

A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, anunciou unha ofensiva política do BNG contra a medida do Goberno do Estado de cobrar peaxes por circular polas autovías, unha medida que tacha de antisocial, discriminatoria, que só busca facer caixa e que prexudica especialmente a Galicia pola súa condición periférica.

O Bloque traslada a súa total oposición a unha medida “que só ten afán recadador e que ten como único beneficiario ás multinacionais da construción”, denunciou,  de aí a ofensiva política que empezará cunha proposición non de lei no próximo Pleno da Cámara “para conseguir unha declaración unánime de Galicia ante esta medida”, que seguirá con mocións nos concellos para trasladar o debate ao conxunto do País, e no Congreso, con iniciativas para que o Goberno central retire esta medida.

“O Goberno do Estado ten unha débeda histórica con Galiza en infraestruturas”, subliñou Pontón, ao que se suma o lastre de soportar peaxes elevadísimas en vías estratéxicas como a AP9, mentres outras Autonomías contaban con autovías gratuítas que lles daba vantaxe para avanzar no seu desenvolvemento. “Polo tanto, o que debe facer o Executivo de Sánchez é aplicar dunha vez por todas as rebaixas das peaxes da AP9 negociadas co BNG en lugar de idear novas formas de penalizar a maioría social”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?