Oferta de 650 prazas para Cíes e Ons en Semana Santa a través de 35 rutas guiadas e gratuítas

2 minutes read

Estas visitas, dirixidas por guías profesionais do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, pretenden contribuír a dar a coñecer entre os visitantes o patrimonio natural e ambiental de ambos arquipélagos así como aspectos destacados da súa historia. Todas as rutas están pensadas para grupos reducidos para garantir unha experiencia de calidade e o máis personalizada posible, á vez que se preserva a contorna. 

En concreto, as persoas interesadas poderán escoller entre rutas como Cíes, unha illa de paisaxes ou Ons, unha illa con 2 caras, nas que visitarán miradoiros e nas que se abordarán cuestións xerais sobre os seus valores naturais. No caso de Cíes, unha viaxe no tempo e Ons, un pobo no mar trataranse aspectos de carácter histórico-etnográfico.  

A maiores, tamén se ofrecerán outras rutas máis curtas e específicas como Entre mareasO secreto da praia de RodasSilencio! Píase ou Por que a auga está tan fría?, que amplían o coñecemento dalgúns valores naturais especialmente relevantes como a zona intermareal ou o complexo lago-duna de Rodas. 

As devanditas rutas están recomendadas para público adulto, pero para os menores de 12 anos hai unha oferta específica denominada Illas a vista de paxaro. Estas rutas teñen dinámicas participativas coas que as aves irán presentando a paisaxe das illas á cativada participante. Están recomendadas para idades comprendidas entre 6 e 12 anos e os menores deberán ir acompañados na ruta por unha persoa adulta.

Cómpre lembrar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas vén ofrecendo de forma case ininterrompida este tipo de itinerarios guiados e de balde por Cíes e Ons, coincidindo cos períodos nos que se ofrece o servizo de transporte regular en barco a ambos arquipélagos.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?