Ofertadas máis de 100 novas prazas en seis proxectos de FP Dual na comarca de Barbanza

1 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou en Ribeira o colexio CEIP Plurilingüe de Frións, onde destacou o incremento da oferta de FP nesta comarca, “con 100 novas prazas en seis proxectos de FP Dual na Barbanza, catro deles novos na zona”. “Estamos a falar de prazas nunha modalidade que é unha gran oportunidade para os alumnos –salientou o conselleiro–porque ten unha taxa de empregabilidade practicamente do 100%”. Son moi boas tamén para os sectores produtivos –engadiu– porque se van a dotar de profesionais ben formados en base ás demandas e ás características laborais ou profesionais das empresas que colaboran coa FP Dual”.

Este verán abriuse matrícula en cinco proxectos de FP Dual no Centro Integrado de FP Coroso, en concreto nos novos ciclos medio en Obras de interior, decoración e rehabilitación e superiores en Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos e en Procesos e calidade na industria alimentaria. Tamén se abriu un novo grupo no proxecto de grao medio en Elaboración de produtos alimentarios e no de grao superior en Automoción. No caso do instituto IES Leliadoura implántase o ciclo superior en Administración e finanzas, tamén en modalidade Dual.