A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes levaron a cabo unha ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses para conmemorar o 130 aniversario do afundimento do Serpent.
Este ano, como viña sendo habitual, non haberá espectáculos teatralizados por mor das restricións que marca o contexto sanitario actual. De tódolos xeitos, o goberno local está a traballar nunha serie de homenaxes para todos os mariñeiros afogados do municipio.
Un destes proxectos é o Museo dos Naufraxios, que se pretende instalar na Lonxa Vella e que agárdase que no ano 2021 comece a tomar forma.