Ofrenda floral a Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento

0 minutes read

Santiago de Compostela acolleu a tradicional ofrenda floral en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento. Xunto a representantes institucionais, da cultura e familiares do autor, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou a figura deste galego ilustre que conseguiu “levar o nome de Galicia polo mundo enteiro” e cuxa obra e legado continúa “plenamente vixente”. Durante o acto no cemiterio de Boisaca tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado un 5 de xaneiro.