Ofrenda floral en Camariñas para reivindicar o ‘Día mundial contra o cancro de mama’

Ofrenda floral con motivo del 'Día mundial contra el cáncer de mama'_Ayuntamiento de Camariñas

  • Diversos establecementos locais venden máscaras solidarias cuxos beneficios irán á AECC

O Concello de Camariñas e a ‘Asociación de Loita contra o Cancro’ da localidade reivindicaron este domingo o ‘Día mundial contra o cancro de mama’, que se celebra hoxe, 19 de outubro, cunha ofrenda floral á estatua da Palilleira.

Este ano, debido á actual situación sanitaria, non será posible celebrar a Danza Rosa, unha iniciativa que se levaba facendo dous anos como mostra de apoio á loita contra esta enfermidade. Aínda así, son moitos os comercios que decidiron colaborar cun donativo de 20 euros e a venda de máscaras solidarias, cuxos beneficios irán destinados á AECC.