OÎMA ofrecerá este sábado na Ponte de Brandomil un dos seus últimos concertos

1 minutes read

A programación cultural de verán organizada polo Concello de Zas trae este sábado unha actividade para toda a familia e que encherá de música un dos lugares máis emblemáticos do municipio.

OÎMA, o grupo musical formado por Antía Ameixeiras, Olalla Liñares e Martiño Senande, ofrece este sábado, día 30 de xullo, na Ponte de Brandomil a partir das 21:30 horas un dos seus últimos concertos xa que o trío vén de anunciar nas redes sociais a súa despedida que será no mes de outubro.

Ao concerto deste sábado traerán a súa música instrumental na que se misturan pezas propias con outras recollidas en Galicia e noutros lugares de todo o mundo. Todas son óptimas para o baile. O concerto é de balde.