A concentración deste venres transcorreu con normalidade ata pasadas as 22.10 horas, cando se comezaron a escoitar petardazos e a ver lanzamentos de botellas mentres os axentes chamaban á calma por megafonía. Horas antes, un manifestante chegou a agredir a un cámara da Sexta entre berros de «fóra, fóra». Ademais de corear lemas como «Que te vote Txapote» , «Sánchez traidor» ou «Puigdemont a prisión», algúns concentrados fixeron tamén un chamamento á folga xeral. A Policía dispuxera un forte operativo para protexer a sede socialista en previsión de que continuasen os altercados que tiveron lugar estas últimas noites. A deste venres perdeu fol xa, segundo a Delegación do Goberno, a protesta reuniu a unhas 4.000 persoas en Madrid. A cifra é a metade que a deste xoves, cando asistiron unhas 8.000 persoas, ou que a do martes, cando os manifestantes foron uns 7.000.