46
- Será incorporado ao Concello como funcionario interino
O pavillón Municipal da Laracha acolleu este mércores a proba da fase de oposición do procedemento de selección do auxiliar administrativo que o Concello incorporará como funcionario interino. Das 117 inscritas presentáronse ao exame 80.
Ademais do exame realizado na xornada de onte, consistente nunha proba tipo test de cincuenta preguntas, tamén se terá en conta a valoración de méritos de cada opositor, cuxa táboa pode consultarse na web municipal.