Oito camariñáns viaxarán á localidade irmá de La Turballe en bicicleta

1 minutes read

O Concello e o club ciclista PC Baikers do Vilán organizan unha viaxe en bicicleta desde Camariñas ata La Turballe, localidade francesa coa que, hai seis anos, se estreitaron lazos a través dun irmandamento.

Serán oito os ciclistas do club Baikers do Vilán de Camariñas os que fagan a ruta. A saída está prevista para o próximo xoves, 24 de agosto, ás 9 horas desde a praza da Insuela e a chegada a La Turballe sería o 1 de setembro. O itinerario dividirase en oito etapas (Melide, Villafranca del Bierzo, León, Burgos, Elgoibar, Mimizan, Royan, Jard sur mer e La Turballe).

O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, explica que “o obxectivo da ruta é devolver a visita que fixeron os franceses o ano pasado, fortalecer os vínculos con La Turballe e, sobre todo, promocionar turisticamente Camariñas e a Costa da Morte ao longo das oito etapas, ademais de crear lazos culturais e deportivos”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?