Oito concellos da Costa da Morte participan no programa ‘Celebra o día dos Océanos, Aprende a través do Surfing’

  • Aprende a través do surfing é unha comunidade conformada por unha asociación sin ánimo de lucro nomeada Surf and Clean a  Federación Galega de surf, 11 escolas de surf, 42 centros educativos e 10 concellos da provincia da Coruña

Por quinta tempada consecutiva os escolares da Provincia da Coruña participan no proxecto deportivo-educativo Aprende a través do Surfing, desenvolto pola asociación medioambiental sen ánimo de lucro Surf and Clean en parcería coa Federación Galega de Surf e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia (Xogade), Ecovidrio, MSC Pesca Sostible e tamén dos concellos onde se realizan as actividades.

Esta tempada son 10 concellos os que apostan por preservar o mar dende a educación dos seus estudiantes: A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Camariñas, Muxía, Fisterra e Valdoviño que grazas ó seu apoio fan posible a participación no proxecto de máis de dous milleiros de escolares da nosa provincia.

Escolares dende infantil a bacheralato, que ó participar neste proxecto aprenden a relacionarse mellor con elas e eles mesmos, coa demáis rapazada e o máis importante: coa súa contorna. Precisamente un dos obxectivos clave do programa é fortalecer o noso vínculo coa mar, como persoas que habitamos na comunidade autónoma con máis kilometros de costa e que custodiamos un paraiso natural de ondas e praias salvaxes ainda preservadas.

En elas o alumnado pecha os ollos e escoita, ule e sinte a mar. En elas é máis sinxelo decatarse que a praia é un lugar antigo, dinámico e que partillamos con outros seres vivos, como os arroaces, as pillaras ou os bosques de laminarias. Un entorno a preservar.

Por iso dende Abril máis de 2.300 escolares procedentes de 42 centros educativos pertenecientes a 20 municipios da nosa provincia, apañan refugallo das nosas praias e aprenden a conectar e coidar o mar a través do surfing.

Elas e eles son o noso futuro e xuntos, hoxe, celebramos ter unhas costas e un océano ainda cheos de vida.

Máis información en  www.aprendeatravesdelsurfing.com  ou nas súas redes sociais @aprendesurfing (instagram), @aprendeatravesdelsurfing (facebook).

Related posts

O Pleno da Laracha aproba por unanimidade a proposta para destinar os fondos do POS+ Adicional

O programa de exercicio físico para maiores de 65 anos arrincará o 1 de outubro en quince parroquias de Carballo

Íntegro inicia unha campaña de limpeza de praias na Costa da Morte da man de Diversiplás