44
Oito persoas morreron este domingo ao esnafrarse unha avioneta contra un edificio en Milán. Entre os falecidos hai un neno e o piloto da aeronave. Era un voo privado. A avioneta saíra do aeroporto de Linares cara a Sardeña pero ao pouco de engalar bateu contra un edificio de dous andares, que se usa como aparcadoiro, e que no momento do accidente estaba baleiro. Algunhas testemuñas aseguran que o motor xa estaba ardendo antes da colisión. Hai unha investigación aberta para coñecer as causas do sinistro.