Oito obradoiros na comarca formarán a 158 alumnos


Na comarca de Santiago está prevista a realización de oito obradoiros cinco ordinarios duais e tres de garantía xuvenil, concretamente os ordinarios celebrarase en Ordes compartido con Frades e Mesía, en Santiago de Compostela, en Boqueixón, compartido con O Pino, Touro e Vedra, en Ames compartido con Brión e en A Baña compartido con Negreira, Santa Comba e Val do Dubra e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Negreira, compartido con A Baña, Santa Comba e Val do Dubra, en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Santiago de Compostela. A Xunta achega máis 2,7 millóns de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.

Os cursos que se impartirán son moi variados: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, confección de páxinas web, desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web, desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos, limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, pintura decorativa en construción, fábricas de albanelería e actividades auxiliares en viveiros e xardíns.