- As contratacións do persoal de saneamento dos areais terán unha duración de dous meses e medio, mentres que a praza de técnico de turismo será de seis meses
Continúan as contratacións de persoal na localidade de Muxía de cara ao verán. Se fai uns días o Concello anunciaba a contratación de 15 operarios de servizos múltiples e un conserxe para edificios municipais, agora faino cunha nova oferta de traballo: seleccionaranse oito operarios para a limpeza de praias durante dous meses e medio e un técnico de turismo que contará cun contrato de seis meses.
Ambos procesos selectivos contarán co financiamento de la Deputación da Coruña, e desde o grupo de goberno cren na “importancia deste reforzo de persoal de cara a tempada alta de verán, xa que queremos ter unhas praias e unha oficina de turismo á altura das necesidades de turistas e veciñanza”.
O posto de técnico de turismo xa está en proceso de selección. No caso das oito prazas para persoal de limpeza, o proceso continúa aberto e as persoas interesadas poderán anotarse a través da sede electrónica da páxina web do Concello de Muxía.