Oitocentas visitas na primeira fin de semana de reapertura do mosteiro de Caaveiro

1 minutes read

Máis de oitocentas persoas visitaron o mosteiro de Caaveiro na primeira fin de semana de reapertura despois do peche provocado pola pandemia da COVID-19. En total 811 persoas achegáronse ao monumento enclavado nas Fragas do Eume desde o venres día 29 de maio que se reabriu coa aplicación de novas medidas de seguridade e control de número de visitantes. Limítase o aforo permitindo como máximo a estancia de30 persoas no interior do mosteiro, 15 con visita guiada e 15 de maneira libre. Doce son as horas que o monumento permanece aberto neste momento para as persoas que queiran percorrelo pola súa conta, con apertura ás 9:00 da mañá e peche ás 21:00 da noite, horario que se reduce para visitas guiadas que se desenvolverán de 11:00 a 19:00 horas.