Ola! Ola! | Curro, o papagaio desaparecido en Vilaño, saúda en Bértoa

Curro non se foi ao Caribe. O papagaio amazonas cantor desaparecido a semana pasada da súa casa en Vilaño, A Laracha, foi localizado este martes en Bértoa. Unha parella que se atopaba paseando de súpeto escoitou coma se fose a voz dun neno de entre as árbores e que dicía «Ola, Olaa». Ao quedar escoitando localizaron visualmente ao animal, imaxinándose que se trataba de «Curro», e así foi. As persoas que o viron deron a voz de alarma e ao lugar acudiu de inmediato unha patrulla da Policía Local, que tentou con todos os seus medios que o papagaio accedese a baixar, pero non foi así. Curro escórrese por medio das ramas camuflando a súa cor verde limón co das follas das árbores. Alegría infinita para os seus propietarios por saber que está vivo e localizado, pero de momento sen poder recuperalo. Familiares da dona de Curro, que en maio cumprirá dous anos, acudiron ao lugar, e a última hora da tarde sopesaban a posibilidade de que a propietaria, enferma, puidese achegarse haber se a ela lle facía caso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha