40
O novo chanceler alemán, Olaf Scholz, quixo mostrar o seu europeísmo cunha visita a Bruxelas apenas dous días despois da súa investidura. Alí atopouse coa tamén alemá e presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. E a pesar de que pertencen a partidos políticos diferentes, mostraron o seu desexo de traballar xuntos. A xira europea de Scholz tamén inclúe unha reunión co secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg. Un encontro crave para afrontar o despregamento de tropas rusas na fronteira ucraína. Sen dúbida, o primeiro gran desafío do novo goberno alemán en materia de política exterior.