Olaf Scholz elixido Chanceler de Alemaña


O socialdemócrata Olaf Scholz obtivo 395 votos a favor dos 416 escanos cos que conta a súa coalición tripartita no parlamento. 303 votos en contra e seis abstencións. Ábrese así unha nova era para a maior economía da Unión Europea tras os 16 anos de mandato da CDU de Merkel con tres socialdemócratas nos postos de maior relevancia do país: chanceler, presidente federal e presidenta do Parlamento. Tras a votación, o presidente Frank-Walter Steinmeier nomeou formalmente a Scholz antes de xurar o seu cargo ante a presidenta do parlamento. O líder do SPD intercambiou saúdos con lexisladores de todo o espectro político. Merkel, que xa non é deputada, observou desde a tribuna de espectadores a votación do Parlamento e foi ovacionada ao comezo do acto.