O chanceler alemán Olaf Scholz reafirma a súa oposición ao envío de mísiles Taurus de longo alcance a Ucraína. Scholz está a ser presionado no seu propio país, pero tamén por outros líderes en Europa para que cambie a súa postura. O chanceler chamou á prudencia ao considerar que o despregamento dos mísiles Taurus arrastraría a Alemaña á guerra.
«Desde o meu punto de vista, trátase dunha arma de moi longo alcance. Dada a importancia de non perder o control sobre os obxectivos, esta arma non podería utilizarse sen o despregamento de soldados alemáns. Esto é algo que rexeito. A prudencia non é algo que se poida cualificar como unha debilidade, como o fan algúns. A prudencia é algo ao que os cidadáns do noso país teñen dereito», declarou Schloz no Bundestag. Mentres, no Parlamento Europeo, o primeiro ministro finlandés, sostivo que en Europa debe adoptarse unha postura firme contra Rusia, para evitar calquera agresión contra os Estados membros.