Olalla Rodil: “A Xunta responde ao deterioro da sanidade pública con tiritas e parches”

A deputada nacionalista lembra que tras un ano do falecemento dun paciente no PAC da Estrada e de numerosas mobilizacións, “o Goberno de Feixóo segue na senda de desmantelar a sanidade pública” como evidencian os graves problemas derivados por falta de persoal, listas de espera en Atención Primaria e que moitos centros de saúde continúen sen pediatras. Ante esta situación, o  BNG exixe á Xunta “menos propaganda e máis recursos”.

A parlamentaria sinala que nos concellos de Abegondo, Oza e Cesuras ou de Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá, o SERGAS non cubre as vacacións das e dos profesionais impedindo que as nenas e nenos accedan á atención especializada durante o verán.

Unha situación, explica, que se estende aos centros de saúde da Coruña,  Salnés ou Moaña onde a falta de profesionais obriga ás persoas  doentes a agardar até quince días por unha consulta no médico de cabeceira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha