Oleiros abre o prazo de matriculación na Escola Municipal de Música

Foto.- Cedida.

A Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten aberto o prazo de preinscrición para o novo alumnado entre o 15 e o 22 de xullo. O día 23 publicarase a relación de admitidos, entre o 24 e o 30 deberán pagarse as matrículas e 31 de xullo publicaranse as listaxes de agarda.

As inscricións realizaranse a través dun enlace ao que se poderá acceder desde a web municipal, no apartado da Concellería de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta é posible chamar ao 981 639 143. Para o vindeiro curso escolar 2020-2021, a Escola Municipal de Música conta con 460 prazas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha