O pleno municipal aprobou definitivamente o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2022, que se incrementa nun 21,70% en relación ao do anterior, acadando 39.565.000 euros. O principal obxectivo do Goberno municipal é conservar a ampla infraestrutura de equipamentos e seguir ofrecendo uns servizos públicos de calidade, de aí que o gasto en persoal municipal e os gastos correntes sumen 24 millóns, o 61 % dos recursos municipais. O incremento máis elevado é o correspondente aos investimentos. Nese capítulo recóllense as obras que se pretenden realizar durante o vindeiro ano e aumenta respecto ao 2020 un 121,47%, debido aos cambios lexislativos que permiten utilizar os recursos económicos do Concello que se atopaban inmobilizados nos bancos.
38