Oleiros | Cortado un carril da N-VI polas obras de renovación da rede de augas


Desde este mércores pola mañá o carril lento da N-VI dirección Madrid, desde a ponte da Pasaxe ata Rialeda, permanecerá cortado debido á realización das obras de renovación da rede de abastecemento de auga. O corte durará ata final de mes, cando será preciso continuar a obra pola outra man da estrada, cortando a partir dese momento o carril lento no outro sentido da circulación durante outro par de semanas. Unha vez o Concello finalice a primeira fase desta obra, o Ministerio iniciará as obras do túnel e da rotonda de Sol y Mar. Está previsto que a partir do 1 de xuño se corte o carril rápido dirección Madrid, desde Rialeda a Mercadona.