Oleiros destina máis de 5 millóns dos remanentes a obra pública e servizos


O Pleno deste xoves aprobou cos votos a favor de Alternativa dos Veciños, BNG e Ciudadanos unha modificación de crédito por valor de máis de 5.490.000 euros que serán destinados a obra pública e servizos para o Concello de Oleiros. Con cargo a esta modificación efectuaranse 52 obras de importancia para o municipio como a rede de saneamento, pavimentacións, melloras enerxéticas en edificios municipais, rehabilitación de lavadoiros, enerxía eléctrica, acondicionamento de parques e xardíns, entre outras. Ademais, arredor de 900.000 euros serán destinados ao pagamento de facturas de servizos municipais e obra pública que se prevían abonar con cargo ao actual orzamento tendo en conta a venta de parcelas municipais que, dada a situación provocada polo COVID-19, se viu afectada.