Oleiros estrea un parque costeiro en Bastiagueiro co nome de As Trece Rosas

1 minutes read

O Concello de Oleiros abriu este sábado ao público o novo parque costeiro de Bastiagueiro, unha gran zona verde de máis de 123.000 metros cadrados que percorre o litoral oleirense desde a praia de Bastiagueiro até o hotel Portocobo e que levará o nome de Parque das Trece Rosas, en homenaxe ás trece mulleres fusiladas polo réxime franquista o 5 de agosto de 1939 en Madrid.

O acto contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do alcalde de Oleiros e deputado provincial, Ángel García Seoane, entre outras autoridades e representantes da sociedade oleirense.

O presidente da Deputación afirmou que Oleiros “é un referente” entre os concellos da provincia polos máis de cincuenta parques públicos cos que conta o municipio, aos que desde agora se suma esta gran área verde “nun entorno natural privilexiado”.