25
A ANPA do CEIP Luis Seoane de Canide convocou unha concentración para este venres ante as portas do colexio para apoiar á directora do centro, á que a inspección de educación obrigou a dimitir do seu cargo. Desde a ANPA solicitan o apoio das familias do alumnado, así como das entidades sociais e da veciñanza en xeral.
O Concello de Oleiros está a estudar a posibilidade de querelarse contra a inspección de educación se a directora do Colexio Luis Seoane non é restituída no seu cargo. As ameazas, o abuso de poder, a vexación e as actitudes doutras épocas antidemocráticas empregadas pola inspección poderían facer acudir ao Goberno municipal aos tribunais.