Oleiros organiza campamentos en Semana Santa para escolares de primaria

0 minutes read

Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana Santa, os días 11, 12 e 13 de abril o Concello de Oleiros organiza un campamento para nenos e nenas de educación primaria. O CEIP Parga Pondal de Santa Cruz albergará esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas. Todos aqueles pais e nais interesados poden solicitar máis información e inscribirse en ensino@oleiros.org ou presencialmente na Fábrica.