Oleiros saca a contratación a segunda fase do campo de fútbol de Mera


A construción da segunda fase do campo de fútbol municipal de Mera saíu a licitación por importe de 1.296.293,05 euros. A mesa de contratación para a adxudicación da obra será o 5 de agosto.
A segunda fase desta nova instalación municipal, que está situada na rúa Fonte Cuba, incluirá a construción de gradas, vestiarios e aparcadoiro. Na primeira fase, o Concello investiu 939.011,50 euros no peche total do recinto, na instalación do terreo de xogo de céspede artificial, no rego e na iluminación.