Olga Rodríguez presentará o seu libro na Casa do Pescador de Malpica

0 minutes read

A Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica segue apostando por fomentar a cultura durante todo o ano con diversas presentacións de libros e encontros literarios en diferentes espazos da vila. Nesta ocasión, Olga Rodríguez presentará a súa obra “AS CREBAS DA MEMORIA”, o vindeiro venres 22 de setembro ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica.
Dende o consistorio animan a todas as persoas que o desexen a participar neste novo encontro literario. Colabora con esta iniciativa a Confraría de Pescadores de Malpica. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?