38
Portugal, do mesmo xeito que outros países europeos, estima que ómicron será a variante dominante a finais de ano. A pesar do aumento do número de casos, as vacinas permiten que este Nadal sexa moi diferente á de 2020.
Para combatela España iniciou a vacinación dos nenos. Espera que con esta medida se controle a saturación das UCI que se produciu nos últimos días.
Francia que tamén intensificou o seu plan a vacinación impoñerá novas restricións para as celebracións de Aninovo.
Irlanda foi máis aló ao decidir a hora de peche dos eventos ás 20.00 horas, así como a hora de peche doutros lugares, como cines e teatros, para frear a propagación de COVID-19 durante o período do Nadal.