Once desaparecidos no choque entre un buque de Calvo e un pesqueiro marroquí

Once persoas permanecen desaparecidas en augas do Sahara Occidental tras a colisión entre un cargueiro do grupo Calvo e un pesqueiro marroquí. O buque da conserveira galega é o «Montelaura», con bandeira panameña. Segundo fontes oficiais do país alauí, o accidente producíuse a uns sesenta quilómetros do porto de Dajla, ao sur do Sahara Occidental. Cinco mariñeiros que estaban a bordo do pesqueiro foron rescatados pero once continúan desaparecidos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha