Once detidos por tráfico de cocaína nas provincias da Coruña e Pontevedra

1 minutes read

A Policía Nacional detivo once persoas en municipios de Ferrolterra durante a realización dun operativo contra o tráfico de substancias estupefacientes, que tamén se desenvolveu este mércores en localidades do Salnés

Trátase dun macrooperativo en que participan tanto a Policía Nacional como a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira, dirixido polo Xulgado de Instrución Número 1 de Ferrol.

Estanse a producir rexistros en varias localidades do Salnés, así como en Vigo, Poio e distintos municipios de Ferrolterra, como Miño, Narón, Pontedeume e Fene, entre outros, nos que se comisou cocaína, sen que polo momento se concretase a cantidade.

Nunha das vivendas, os seus ocupantes lanzaron á rúa varios paquetes que supostamente contiñan droga e que foron recollidos máis tarde por axentes da Policía Nacional.

A rede dedicábase, presuntamente, a distribuír a droga dende as Rías Baixas á comarca de Ferrol. A operación continúa aberta e non se descartan máis detencións.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?