Once usuarios da asociación Íntegro retoman o curso de natación terapéutica

Asociación Íntegro

  • Estas clases personalizadas realízanse unha vez á semana na piscina municipal de Cabana

Usuarios do Centro de Día e do Centro Ocupacional da asociación Íntegro retomaron as clases de natación terapéutica despois do parón provocado pola pandemia. En total son 11 as persoas con algún tipo de discapacidade que desfrutan deste curso que se impartirá ata o mes de xuño grazas ao departamento de fisioterapia da entidade, que utiliza a auga cun fin «correctivo e preventivo», afirman desde a asociación.

As clases realízanse na piscinal municipal do Concello de Cabana de Bergantiños unha vez á semana, normalmente os venres, e os participantes están acompañados por dúas monitoras de apoio e unha profesora especializada en natación adaptada. O obxectivo destas leccións son mellorar a coordinación dos usuarios, o seu equilibrio e autonomía persoal, ademais de fomentar a diversión e a súa capacidade de socialización.

Coa finalidade de adaptar as clases ás necesidades individuais de cada alumno e prestar unha atención totalmente personalizada, o número de participantes é sempre moi reducido. Cada ano renóvanse o alumnado para garantir a participación de todos e cubrir ao mesmo tempo a demanda existente.