Ondas de ata 12 metros de altura por mor do temporal no litoral da Coruña


Galicia está esta fin de semana con aviso laranxa en todo o litoral por ondas de máis de 5 metros e por fortes ventos. Conforme os datos de Portos do Estado, as balizas situadas en distintos puntos da costa recolleron varios momentos en que as ondas superaron os sete metros de altura. O punto de maiores ondas da xornada situouse na costa da Coruña, onde a boia situada en Punta Langosteira captou unha onda que rozou os 12 metros de altura. O aviso laranxa continuará activo ata a noite deste domingo.