ONU e OTAN piden «contención» en Casaquistán


Multiplícanse os chamamentos contra a violencia e polo respecto dos dereitos humanos en Casaquistán. A ONU e a OTAN instaron a todas as partes á «contención» e lembraron «o dereito ás manifestacións pacíficas e a liberdade de expresión», despois de que o presidente kazako dese a orde de «disparar a matar» contra os manifestantes.

«Os terroristas continúan danando a propiedade estatal e privada e usan armas contra civís. Dei a orde ás forzas de seguridade e ao exército de disparar a matar sen aviso previo/previo aviso. (…) \_Está a pedirse desde o estranxeiro que as partes negocien unha solución pacífica. Que bobada. Que tipo de negociacións pode haber con criminais, con asasinos?», declaraba Kasim-Yomart Tokáyev, presidente de Casaquistán.

Desde o inicio das protestas, o 2 de xaneiro, tras un abrupto incremento do prezo do gas, morreron polo menos 26 manifestantes e 18 membros das forzas da orde. Houbo centenares de feridos e polo menos 3.811 detidos.

O chanceler alemán, Olaf Scholz, dixo: «Queremos protexer o estado de dereito en todas partes. Pedimos o fin da violencia. E, por suposto, isto tamén se aplica á violencia contra os cidadáns».

Rusia enviou máis de 70 avións e un número indeterminado de soldados a Casaquistán. Tamén chegaron militares desde Bielorrusia, Tadxiquistán, Kirguizistán e Armenia, no marco da Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC).