Operación antidroga en Carballo


Hai varios investigados e varios quilos de droga -supostamente cocaína- enterrados que foron incautados nunha operación levada a cabo a primeira hora da mañá deste mércores en varios lugares da periferia do centro urbano carballés e que segue aberta, onde unidades do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga acompañaron en varios rexistros á Policía Xudicial da Garda Civil e á UDYCO da Policía Nacional. Dous dos investigados M.I. e M.E.S.I. son vellos coñecidos das forzas e corpos de seguridade. Ademais de droga, localizáronse armas, vehículos e diverso material.

A Policía Nacional detén a 35 persoas nunha operación contra o tráfico de drogas en Castela e León e Cantabria

A organización criminal foi desarticulada coa detención de 29 persoas na provincia de Valladolid, tres na localidade burgalesa de Aranda de Duero e outras tres nos municipios cántabros de Noja e Santoña. Realizáronse 16 rexistros domiciliarios e interveuse 1.981,97 gramos de cocaína, 25,5 quilogramos de haxix, 169 gramos de marihuana, 3.604,32 gramos de substancia de corte, 130.940 euros, 11 vehículos e dúas motocicletas.

Unha parella foi arrestada como presuntos autores dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas e de delitos relativos á prostitución.

Operación antidroga en Castela León e Cantabria.