Operación antidroga en Fisterra

Coche Garda Civil

A Garda Civil levou a cabo este luns unha operación antidroga nunha vivenda de Fisterra. Durante o rexistro e a operación que continúa aberta, procedeuse á detención dunha persoa e localizouse unha pequena cantidade de droga. Con esta intervención, as forzas da orde manteñen o obxectivo de desmantelar un punto de trapicheo habitual na vila do Cristo.