Operación contra o tráfico de migrantes entre España e Francia

Sete persoas foron detidas en Navarra e o País Vasco, por trasladar a migrantes en situación irregular desde España a Francia, no marco da operación Poltsa. Organizaban viaxes en coche previo pago ata Bayona ou Bordeus e transportaban cada vez entre tres e catro persoas. A Garda Civil, conxuntamente coa Xendarmería Francesa e Europol, practicou as detencións nas provincias de Gipuzkoa, Bizkaia e Navarra. Ademais de varios rexistros nos que interveu 25 teléfonos móbiles e numerosa documentación. Estímase que esta organización lograría realizar uns 60 traslados ata Francia, durante os dous últimos meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha