Operativo de busca en Nemiña, Muxía, tras o achado de cartas de despedida no areal


  • Varios transeúntes atoparon un estraño altar na tarde do venres e deron a voz de alarma

Efectivos de Salvamento Marítimo iniciaron na tarde deste venres un operativo de busca na praia de Nemiña, en Muxía, despois de que varios transeúntes atopasen un estraño altar formado por varios obxectos persoais e cartas que, nunha primeira interpretación, farían alusión a unha despedida. De inmediato conectaron co 112 Galicia, desde onde se mobilizou tanto á Garda Civil como a Protección Civil de Muxía.

Segundo os equipos de emerxencias, varios surfistas que permaneceron na zona durante a tarde detectaron a presenza de dúas mulleres no areal. Polo de agora as autoridades teñen abertas todas as hipóteses e continuarán coa inspección durante a xornada deste sábado.