Oportunidade de escoitar unha banda sonora única da man de Senda Nova | Época de Berrea

A Berrea, un autentico espectáculo en auxe co paso dos anos, será unha realidade coa chegada do frío e o outono ás comarcas das Montañas de Asturias. Miles de persoas gozan cada ano dunha das marabillas que nos regala a nai natureza e a nosa fauna de maneira gratuíta ou se se prefire baixo actividades guiadas por monitores especializados. Un deleite para os sentidos en forma de son e contacto co medio ambiente. Un achegamento á paisaxe e a forma de vida do corazón asturiano.

Como cada ano dende fai 16, dende Senda Nova abren a inscrición para participar na actividade para o coñecemento e estudo deste espectáculo que se integra por completo na natureza asturiana. Debido ás características do entorno e o tipo de actividade os grupos son reducidos. As prazas estableceranse por rigurosa orde de inscrición.

Saídas dende Bergantiños:

Datas 22, 23 e 24 de setembro. Dende o 22 de tarde ata o 24 á noite (chegada)

Prezos: Prezo 160€       menores 120€   (socios150-100€)

Máis info e inscripcións: sendanova@hotmail.com    611037617

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha