Oportunidade para doar sangue en Carballo do 1 ao 3 de setembro

0 minutes read

Do 1 ao 3 de setembro poderás achegarte á unidade móbil que estará instalada na Praza do Concello (o xoves pola mañá estará na rúa Gran Vía). Será unha campaña moi especial, na que atoparás unha alfombra vermella que ADOS pon aos teus pés para darlles a importancia que merecen a todas as persoas que mes tras mes acoden a doar sangue.

Non tes que pedir cita.

  • Xoves 1 e venres 2, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
  • Sábado 3, de 10:00 a 15:00 horas