Oportunidade para doar sangue en Carballo

Doantes xunto á unidade móbil ADOS, en Carballo.

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará situada na praza do Concello de Carballo desde este venres e ata o mediodía deste sábado. O horario de atención ao doante será de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas o venres e de de 10:00 a 15:00 horas o sábado. As persoas interesadas poden achegarse ao propio bus ou pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.