Oportunidade única para mercar coche en Carballo

A feira do vehículo de ocasión, Berocasión, estará activa ata este domingo día 4 de setembro. Centos de coches de todas as marcas e modelos, e para todos os petos, están dispoñibles nesta ocasión e a prezos inmellorables. Nas exposicións dos 14 concesionarios participantes atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación. Dende este xoves xa se comezaron a realizar as primeiras ventas, este sábado unha gran cantidade de público dinamizou a feira por todos os concesionarios.

As empresas participantes son as seguintes:

DIMOLK – PEUGEOT
BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
VEHÍCULOS JUAN LEMA
REBALCARS AUTOMÓVILES
VILAS RAMA – CITROEN
V-CAR – HYUNDAI
ANTAMOTOR -NISSAN
JGCAR
CORGAL AUTOMOVILES KIA
BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
GARVI AUTOMÓVILES
GRUPO BREOGAN – TOYOTA
PENSADO MOTOR – SKODA
TALLER CINCO

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha