75
Logo da gran afluencia de público acollida durante a xornada do sábado, este domingo aínda temos a ocasión de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas, de encontrar algunha ganga na Feira das Oportunidades que organiza o CCA de Carballo. O evento celébrase baixo unha gran carpa no entorno do Rego da Balsa. Nesta ocasión participan 26 establecementos dos sectores máis variados, ademais de algunha empresa de automoción.