Orange e MásMóvil crearán a maior teleco de España

Orange e o Grupo MásMóvil pecharon o acordo que lles permitirá levar a cabo a fusión de ambos os operadores para crear un xigante das telecomunicacións en España que se converte no número 1 en canto a clientes. A resultante desta operación divide a partes iguais o control da empresa a 50/50 e estará administrada conxuntamente por Orange e MásMóvil (Lorca Telecom) e busca xerar unha compañía con suficiente capacidade financeira e escala para afrontar os investimentos en FTTH e 5G cunhas sinerxias de 450 millóns de euros anuais a partir do cuarto ano desde que se peche a operación: máis de 230 millóns en sinerxias de rede (135 millóns en móbil; 85 millóns en FTTH; e 10 millóns en transmisión); 160 millóns en vendas, márketing e atención ao cliente; e 60 millóns doutros factores. Con esta operación, o valor de Orange España é de 7.800 millóns de euros fronte ao do Grupo MásMóvil que ascende a 10.900 millóns, incluíndo Euskaltel, o que supoñen importantes múltiplos para ambas as entidades que reforzan o seu posicionamento no mercado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha