Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón lideran as vendas de MercaNaVila na comarca de Santiago

A comarca de Santiago sitúase entre as zonas con maior dinamismo comercial no programa MercaNaVila, a iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña para apoiar o comercio de proximidade nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Segundo o informe de vendas do programa, os concellos de Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón encabezan a actividade da comarca, cun volume conxunto de máis de 529.000 euros en vendas, o que representa case o 19,4 % do total provincial, que ascende a 2.723.068,35 euros.

O municipio de Ordes lidera claramente a zona con 205.304,63 euros en vendas (7,54 % do total provincial), seguido de Arzúa, con 116.133,91 euros, Oroso con 74.776,68 euros, Santa Comba con 74.006,67 euros, e Padrón con 59.472,03 euros.

Tamén destacan as cifras doutros concellos da área como O Pino, Mesía, Vedra, Val do Dubra ou Rois, que suman entre todos preto de 50.000 euros adicionais, consolidando o peso do interior da provincia na dinamización do comercio local.

Related posts

O TSXG anula as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico de Mazaricos A Ruña III

Publicadas as bases da convocatoria do programa de limpeza de praias da provincia da Coruña para 2026

Mayores de Cerceda aprenden a usar su móvil para emergencias