Ordes conta cunha nova Unidade de Saúde Mental


Desde este mes de maio, a comarca de Ordes conta cunha relevante mellora asistencial ao incorporarse ao seu centro de Saúde cinco novos profesionais -1 psicólogo, 2 psiquiatras, 1 enfermeira e 1 Traballador Social-. Así, o seu labor permitirá avanzar no tratamento, prevención e rehabilitación dos trastornos mentais, así como diminuír o seu impacto tanto nos pacientes como nas súas familias e achegados. A unidade especializada en doenzas mentais de Ordes é a primeira das tres cuxa creación está prevista no Plan de Saúde Mental durante este ano 2021, xunto ás que se desenvolverán no concello de Oleiros, na área sanitaria da Coruña; e a que se artellará en Tui, na área de Vigo.