Ordes convértese no museo ao aire libre máis importante de Galicia


  • A vila énchese de cor coa nova edición do Festival Internacional DesOrdes Creativas.

Dende o pasado día 3 e ata o próximo 20 de agosto o Festival Internacional de arte urbana DesOrdes Creativas está en marcha con seis artistas convidados, este ano debido ás circunstancias especiais derivadas da crise da covid-19 e para manter a seguridade optaron por prescindir das actividades paralelas que adoitaban programar. Están en pleno proceso de creación dos primeiros murais de gran tamaño. Desde a organización do festival intentan fomentar un novo tipo de turismo para o municipio e aseguran que a resposta dos veciños sempre é moi positiva e que mesmo son eles os que cada ano solicitan a súa intervención, co que entre todos están a converter a vila no museo galego máis importante ao aire libre. Cando remate esta edición Ordes contará con máis de 70 obras.