viernes, 29 mayo , 2026

Ordes e 11 concellos máis, en nivel vermello de alerta, as autoridades piden responsabilidade

1 minutes read

O concello de Ordes está no nivel máximo de alerta decretado polo goberno galego. Sería un dos 12 municipios da comunidade que manteñen a alerta vermella. Só neste municipio contabilizan (datos de onte: 28 casos activos, 24 en illamento domicilairo, 4 en hospital). Desde o concello piden responsabilidade aos veciños, aseguran que a situación é preocupante e que da responsabilidade individual dependerá que a curva se aplane.

Son 12 as localidades galegas en alerta vermella coa inclusión de Cangas do Morrazo. Por áreas sanitarias crece a preocupación na de Vigo con 101 contaxios novos co que son 708 os casos activos da infeciòn de Covid-19, e na de Santiago con 77 novos diagnósticos por PCR e 719 casos activos. En Ourense hai unha lixeira estabilizaciòn coas medidas restritivas que afectan diferentes concellos da provincia.