Ordes | Iniciados os traballos de conservación e limpeza do río Fraga

Concretamente Augas de Galicia leva a cabo traballos nun tramo deste río, de preto de 1,3 km de lonxitude, que coincide co seu percorrido pola parroquia de Santa María de Ordes.

Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (Arpsi).

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta e atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha